martes, 8 de junio de 2010

12 XUÑO, ACTUALIZACIÓN DO CONSELLO, DE CARA AO II FORO SOCIAL GALEGO

12X: Xuntanza aberta cara o Segundo Foro Social Galego Convócase a unha Asemblea Aberta a todas as organizacións e persoas a título individual que desexen integrarse para actualizar o Consello do Foro Social Galego, de cara á celebración, en 2011, do Segundo Foro Social Galego.

DÍA: Sábado 12 de xuño de 2010
LUGAR DA XUNTANZA: Centro Cultural O Ensanche (rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16, baixo). Santiago de Compostela
HORA: 11 da mañá

A dita xuntanza, terá como Orde do Día:
- Actualización do Consello do FSGal (o consello ficará novamente pechado dende esta xuntaza e até despois da celebración do II FSGal, polo que esta é de carácter constitutivo).
- Discusión sobre a Data e Lugar do II Foro Social Galego, a celebrar en 2011.
- Outras cuestións, rogos e preguntas Consello do FSGalwww.forosocialgalego.org

No hay comentarios: