miércoles, 9 de junio de 2010

QUEDA MENOS DE UN MES PARA PRESENTAR ACTIVIDADES AUTOXESTIONADAS PARA O FORO MUNDIAL DE EDUCACIÓN EN GALICIA

O Comité Organizador do Foro 2010 en Galicia convida a ONG, movementos, institucións, centros de ensino formal e non formal, redes, cidadáns e cidadás, e todos aqueles e aquelas que loitan por un outro mundo posíbel, a participar no Foro Mundial de Educación, Investigación e Cultura de Paz (FME), evento que terá lugar por primeira vez en Europa en decembro.

O prazo para presentar propostas de actividades autoxestionadas para o FME remata o 30 de xuño.

Neste sentido OSPAAAL SOLIDARIEDADE GALICIA traballa para presentar unha actividade conxunta co FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN; actividade que concretaremos esta mesma semana...

9-xuño-2010

No hay comentarios: