lunes, 29 de junio de 2009

OSPAAAL CONDENA O GOLPE DE ESTADO EN HONDURAS

A Organización de Solidariedade cos Pobos de Asia, África e América Latina ( OSPAAAL-Solidariedade ) condena enerxicamente o Golpe de Estado Militar en Honduras.
A consulta popular -que non referendo-, que o Presidente Zelaya convocou, era unha consulta plenamente legal. A violación da legalidade foi realizada polo presidente do Parlamento, polo Tribunal Supremo Electoral e evidentemente polo Exército.
De novo, un exército viola a legalidade e enfróntase ao pobo e á democracia. comezou a deter ao Presidente constitucional -expulsándoo do país-, ao Goberno legal, a dirixentes de movementos sociais, etc. A Unión Europea, o Presidente Zapatero do Goberno español, a Organización de Estados Americanos (OEA), o Presidente Obama de EE.UU., o ALBA e numerosos organismos internacionais e estatais, condenaron o Golpe de Estado.
O pobo hondureño defende valerosamente na rúa a legalidade democrática e ao Presidente Zelaya, fronte ao exército e á oligarquía máis antidemocrática.
OSPAAAL-Solidariedade expresa a súa profunda solidariedade co pobo hondureño. Condenamos *enérgicamente o golpe fascista dos militares e os seus secuaces.
¡O pobo hondureño vencerá!