domingo, 12 de diciembre de 2010

ACTIVIDADE NO FORO 2010 DE EDUCACIÓN MUNDIAL PARA A PAZ

Hoxe, entre as 16h e as 18h, na facultade de comunicación audiovisual da USC (Campus Norte), OSPAAAL GALICIA e o FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN presentan unha actividade autoxestionada que tratará sobre a viaxe migrante a través da perspective do cinema, da literatura e das voces dos seus protagonistas.

jueves, 9 de diciembre de 2010

OSPAAAL CONVIDADA Á CONFERENCIA DA DIRECTORA XERAL DA UNESCO, IRINA BOKOVA

Benqueridas amigas e amigos:
Teño o pracer de achegar, en arquivo adxunto, a INVITACIÓN para a Conferencia que a Directora Xeral da UNESCO, Dª Irina Bokova, impartirá no Salón Nobre de Fonseca, o vindeiro Xoves, día 9 de Decembro, ás 19:00 horas, no transcurso dun Acto Académico presidido polo Reitor, D. Juan Casares Long, e que significa, ademais, a primeira actividade organizada pola Cátedra UNESCO de Cultura de Paz e Dereitos Humanos da USC, recentemente aprobada a proposta do Seminario Galego de Educación para a Paz e a Fundación Cultura de Paz.
O Acto enmárcase dentro do FORO 2010 que se ven celebrando en Santiago de Compostela durante o presente mes de Decembro.
Confío en que podamos contar coa súa presenza.
Cordialmente

PRESENTACIÓN DO PROGRAMA DE ALFABETIZACIÓN CUBANO "YO SI PUEDO" EN VIGO