viernes, 23 de abril de 2010

OSPAAAL SOLIDARIEDADE GALICIA PRESENTOU UN PROXECTO DE COOPERACIÓN COA REP. DOMINICANA

O delegado de OSPAAAL Solidaridade en Galicia, Xavier Ron
entregando o proxecto na Xunta de Galicia o pasado xoves 22
Onte remataba o prazo para presentar os proxectos de cooperación ao desenvolvemento convocados pola Xunta de Galicia. Como debe ser entregamos a último momento e despois dunha longa mañá de traballo e contacto coa sede central de OSPAAAL en Madrid o noso proxecto que leva por título:




Erradicación do traballo e da explotación laboral infantil e xuvenil mediante a educación non formal en Hato del Yaque na provincia de Santiago de los Caballeros.




Loxicamente, e coma todas as organizacións que presentan proxectos, agardamos ter a posibilidade de desenvolver tan fermoso proxecto.