Mostrando entradas con la etiqueta INMIGRACIÓN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta INMIGRACIÓN. Mostrar todas las entradas

miércoles, 8 de julio de 2009

MANIFESTACIÓN: "POLO RESPECTO Á DIGNIDADE DA PERSOAS INMIGRANTES "PORQUE TODXS SOMOS MIGRANTES

MANIFESTACIÓN: "POLO RESPECTO Á DIGNIDADE DAS PERSOAS INMIGRANTES" PORQUE TODOS SOMOS MIGRANTES
POLO RESPECTO Á DIGNIDADE DAS PERSOAS INMIGRANTESASESER-TERANGA ten convocada unha manifestación baixo o lema de: "POLO RESPECTO Á DIGNIDADE DAS PERSOAS INMIGRANTES" . O seu obxecto é o de expoñer a nosa protesta polos inmediatos cambios lexislativos que, xunto coas medidas administrativas restrictivas, fan máis dificil a nosa integración social. Asimesmo, queremos poñer de manifesto a existencia de medidas encubertas de racismo e xenofobia que se producen de cotío na nosa sociedade, así como as dificultades para obter a legalización de persoas que levan xa longo tempo en España.A marcha arrancará das inmediacións da Casa de Senegal e da Mezquita da Coruña o domingo, día 12 de xullo, ás 19 horas. Discurrirá pola avenida de Fisterra ata a Praza de Pontevedra, e, dende aquí, ata a Delegación do Goberno.Papa Diop -Presidente de Aseser-TerangaNon á discriminació n.Non ás trabas irracionais para legalizarse.Non ao racismo e á xenofobia encubertos.

MANIFESTACIÓN
Día 12 de xullo (domingo)19 horas
Saída:Casa de Senegal (R/ Jorge Borrow, 5)Ata:Delegación do Goberno (Praza de Ourense)

Organiza:
ASOCIACIÓN ASESER-TERANGA

martes, 7 de julio de 2009

COMUNICADO DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN. O GOBERNO CENTRAL SEGUIRÁ ASIATE COA VULNERACIÓN DE DEREITOS HUMANOS

Reproducimos o comunicado do Foro Galego de Inmigración despois da infructuosa xuntanza con Consuelo Rumí. O goberno segue adiante cos seus plans alienantes. A faciana dun PSOE que, como demostran os números, vota case sempre o que vota o PP no parlamento europeo... ninguén sospeita???!!!


*****
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
COMUNICADO DE PRENSA



Varios Representantes do Foro Galego de Inmigración formado polas asociacións e entidades recollidas abaixo (máis de 80 asociacións e entidades de toda Galicia), presentaron onte Luns día 6 de Xullo nun acto celebrado en Caldas de Reis á Secretaria de Estado de Inmigración , Consuelo Rumí, as súas propostas en relación coa Reforma da Lei de Estranxeiría e con outras cuestións relacionadas coa política migratoria do Goberno Central:

-A Valoración global que facemos do Encontro é negativa. Non houbo interese por atender as nosas propostas, nin amosou a Secretaría de Estado receptividade algunha cara ás mesmas. Mesmo tentou deslexitimar ao Foro Galego de Inmigración como interlocutor. Por outra banda, a decisión de facer a Reforma, pendente do paso polo Parlamento, nos termos actuais está ben clara e mesmo parece que se van habilitar plenos no Parlamento Español no mes de Xullo coa finalidade de acelerar o proceso de aprobación da Reforma da Lei.

-A nosa oposición á Reforma da Lei basase en que entendemos que globalmente a Reforma proposta é fondamente restrictiva e negativa polas seguintes razóns:
  1. A importante limitación do reagrupamento familiar para ascendentes de residentes , que só se permite para os/as de longa duración (5 anos de estancia).
  2. A apertura da posibilidade de repatriación de menores inmigrantes basándose na garantía dos servizos de atención a menores dos países de orixe dos e das menores. Posibilidade moi discutible no caso de países como Marrocos, por exemplo.
  3. Recolle o intolerable aumento de prazo de estancia nos centros de internamento de estranxeiros ata os 60 días (antes eran 40) con posibilidade ademáis de incrementar esa estancia en determinados casos.
  4. E sobre todo porque basease na persecución sistemática da poboación inmigrante en situación de irregularidade administrativa e no peche das fronteiras. Establece así, ademáis, unha coartada legal para as actuacións de persecución contra esta poboación inmigrante residente no Estado español que xa dende hai varios meses veñen denuciado moi diferentes organizacións en diferentes partes do Estado.

Negámonos a aceptar esta visión intencionadamente “criminalizadora”, na que tanto insiste este proxecto do goberno central, sobre unha realidade, á da inmigración, tan fondamente positiva para o conxunto da poboación galega e española.

-Ademáis presentamos as nosas propostas para mellorar a Lei actual en cuestións non comtempladas na actual Reforma e que en realidade permitirían unha Lei moito máis respectuosa cos dereitos das persoas inmigrantes :

  1. Arbitrar algún sistema para que as persoas en situación de irregularidade administrativa puideran resolver a súa situación de acordo cunhas esixencias razoables.
  2. Establecer un modelo único de autorización de residencia (que habería que renovar periódicamente), que permitira sempre traballar e sen as actuais limitacións xeográficas ou de ocupación. Nesa liña urxiría tamén: Unha reforma do actual sistema de continxente, establecendo un modelo flexible, rápido e eficaz (trimestral ou mensual, con posibilidade de realizar ofertas de forma permanente por parte de empresari@s e empregador@s, de carácter autonómico, etc). Os catálogos de ocupación de difícil cobertura deben ser tamén máis flexibles, en ámbitos xeográficos e temporalmente.
  3. Aínda que a actual Lei contempla esta opción, a Reforma debe establecer de forma clara que as persoas en situación de irregularidade administrativa cometen unha falta administrativa pola que deben aboar unha determinada multa, pero non ten sentido a incoación de procedementos de expulsións para estas persoas que non cometen delicto algún. Disto se derivarían dúas medidas inmediatas: Eliminación dos Centros de Internamento. Incluir clausulas que garantan o tratamento d@s traballadores e traballadoras inmigrantes como vítimas, con dereito preferente e efectivo para obter autorizacións de residencia e traballo, nos casos de explotación laboral destes traballadores e trablladoras. A mesma consideración deben ter lóxicamente as mulleres ou homes obrigad@s a prostituirse.
  4. Relacionado co anterior parece importante establecer unha serie de supostos claros e amplos para as autorizacións excepcionais (mulleres e homes obrigad@s a prostituirse; vítimas doutros tipos de explotación laboral; mulleres vítimas da chamada violencia de xénero; persoas adultas ou menores en situación de desamparo ou dependencia; persoas con enfermidades graves; etc). O Catálogo debe ser amplo e flexible.
  5. Garantir en todo caso o acceso aos dereitos básicos para todos e todas, tamén para as persoas que transitoriamente se atopen en situación de irregularidade administrativa, supón o acceso en condicións de igualdade aos servizos públicos de educación, sanidade (garantir o acceso a tarxeta sanitaria) e de benestar social e inclusión social: rendas mínimas e outras axudas sociais.
  6. A Lexislación debe garantir dereitos das persoas, recoñecidos pola ONU e por outros organismos e institucións internacionais, nas actuacións de control en portos, aeroportos, estradas, etc.
  7. Unha demanda importante sería tamén o establecemento dun Observatorio Independente do Racismo e da Xenofobia, con obriga de presentar diante do Parlamento anualmente un Informe Público e detallado sobre as situacións de Racismo e Xenofobia detectadas ou denunciadas no conxunto do Estado Español.Insistimos, por último sen obter tampouco compromiso algún por parte da Sra Secretaria de Estado de Inmigración na necesidade de frear o proceso de persecución policial contra o colectivo inmigrante que este Foro ven denunciado nos últimos meses en Galicia.