miércoles, 8 de julio de 2009

MANIFESTACIÓN: "POLO RESPECTO Á DIGNIDADE DA PERSOAS INMIGRANTES "PORQUE TODXS SOMOS MIGRANTES

MANIFESTACIÓN: "POLO RESPECTO Á DIGNIDADE DAS PERSOAS INMIGRANTES" PORQUE TODOS SOMOS MIGRANTES
POLO RESPECTO Á DIGNIDADE DAS PERSOAS INMIGRANTESASESER-TERANGA ten convocada unha manifestación baixo o lema de: "POLO RESPECTO Á DIGNIDADE DAS PERSOAS INMIGRANTES" . O seu obxecto é o de expoñer a nosa protesta polos inmediatos cambios lexislativos que, xunto coas medidas administrativas restrictivas, fan máis dificil a nosa integración social. Asimesmo, queremos poñer de manifesto a existencia de medidas encubertas de racismo e xenofobia que se producen de cotío na nosa sociedade, así como as dificultades para obter a legalización de persoas que levan xa longo tempo en España.A marcha arrancará das inmediacións da Casa de Senegal e da Mezquita da Coruña o domingo, día 12 de xullo, ás 19 horas. Discurrirá pola avenida de Fisterra ata a Praza de Pontevedra, e, dende aquí, ata a Delegación do Goberno.Papa Diop -Presidente de Aseser-TerangaNon á discriminació n.Non ás trabas irracionais para legalizarse.Non ao racismo e á xenofobia encubertos.

MANIFESTACIÓN
Día 12 de xullo (domingo)19 horas
Saída:Casa de Senegal (R/ Jorge Borrow, 5)Ata:Delegación do Goberno (Praza de Ourense)

Organiza:
ASOCIACIÓN ASESER-TERANGA

No hay comentarios: