martes, 20 de julio de 2010

ACTO PÚBLICO CON ADOLFO PÉREZ ESQUIVEL O 22 DE XULLO EN MADRID

Este xoves 22 de xullo (ás 19h) no Salón de Actos do Club de Amigos da Unesco de Madrid (Praza Tirso de Molina, nº 8, 1º; Metro Tirso de Molina), estará Adolfo Pérez Esquivel para falar sobre América Latina, se ben cunha incidencia sobre o tema ofrecido, a presenza de bases militares de EE.UU. en América Latina.

Este acto público contará tamén coa presenza de Luis Zarapuz (secretario do CAUM) e Jaime Ballesteros (presidente de OSPAAAL SOLIDARIDAD).

Trátase, sen dúbida, dun acto importante e agardamos que os nosos amigos e amigas de Madrid enchan dito salón de actos.
20-xullo-2010

No hay comentarios: