jueves, 3 de junio de 2010

HABERÁ LEI DE FOMENTO DA CULTURA DE PAZ EN GALICIA NO 2010

O LUNS CONSTITÚESE A PONENCIA CONXUNTA NO PARLAMENTO

É UNHA INICIATIVA DO SEMINARIO GALEGO DE EDUCACION PARA A PAZ


O vindeiro luns, día 7 de Xuño, quedará constituída oficialmente a Ponencia Conxunta no Parlamento Galego, cos representantes nomeados polos tres grupos parlamentarios, para iniciar o procedemento de elaboración do Anteproxecto de Lei de Fomento da Cultura da Paz de Galicia, unha iniciativa promovida, hai case que dous anos, polo Seminario Galego de Educación para a Paz e a Fundación Cultura de Paz sobre os precedentes da Lei Catalana de 2003 e a española de 2005.

O borrador anexo, aceptado polos tres grupos parlamentarios como documento base, foi elaborado polo Seminario Galego de Educación para a Paz, e contempla un Preámbulo explicativo e xustificativo do proxecto e do concepto de Cultura de Paz xunto con 9 artigos nos que se abordan os seguintes aspectos:o obxecto da lei, o ámbito de aplicación, actuacións no ámbito dos dereitos humanos, na convivencia democrática, no ensino e na cooperación, nos medios de comunicación social, no desarmamento global, iniciativas de promoción da paz, así como a creación dun Instituto Internacional pola Paz.

Para o Seminario Galego de Educación para a Paz e para a Fundación Cultura de Paz, que preside D. Federico Mayor Zaragoza, é unha enorme satisfacción que, neste ano no que se cumpre o XXV Aniversario do Seminario, se materialice un obxectivo moi buscado, a creación de estruturas de participación específica en materia de paz e a consolidación de medidas concretas de apoio á cultura de paz de carácter anual, con orzamentos precisos, aprobados en sede parlamentaria.

Esta iniciativa únese á recente creación da Cátedra UNESCO de Cultura de Paz e Dereitos Humanos na USC, a organización e celebración do Foro 2010, xunto coa ´posta en marcha do Lar da Paz de Herbón en Padrón, outros tres proxectos estrela deseñados no Plan Estratéxico do Seminario Galego de Educación para a Paz como mellor conmemoración do seu XXV Aniversario.

No hay comentarios: