sábado, 8 de mayo de 2010

O FORO 2010 DE EDUCACIÓN PARA A PAZ INICIA A CONTA ATRÁS

En decembro de 2010 terá lugar en Compostela un acontecemento de relevancia para Galicia, o FORO 2010 DE EDUCACIÓN PARA A PAZ.

OSPAAAL SOLIDARIEDADE GALICIA forma parte do núcleo organizador e participará tamén cunha actividade autoxestionada.

Para resolver as dúbidas sobre o desenvolvemento e participación no Foro 2010, que entre outros eventos inclúe un Foro Mundial de Educación temático e tres congresos académicos, dispoñedes na web do Foro 2010, á que podedes acceder desde este blog, do MANUAL DE USO DO FORO 2010, un documento breve que explica paso a paso a mecánica do Foro. O Manual está polo momento dispoñíbel en galego e español. En breve procederase a publicalo noutras linguas.
Os tres congresos internacionais do máximo interese son:
1) Información e dereitos humanos;
2) O dereito humano á paz
3) Memoria, reconciliación e cultura de paz

Haberá tamén unha Reunión de Alto Nivel do Grupo da Alianza de Civilizacións de Nacións Unidas coa Comisión de Premios Nobel da Paz e os Coordinadores do Decenio da Cultura da Paz da ONU, e o FORO MUNDIAL DE EDUCACION (FME) TEMÁTICO sobre "Educación, investigación e cultura de paz", por primeira vez en Europa, co apoio do Foro Social Mundial (FSM).

Pódense realizar as inscricións para as actividades autoxestionadas até o 30 de xuño e as individuais ata o 1 de novembro de 2010.

Animamos a todas as persoas que queiran afondar na Cultura de Paz e da Non Violencia a que se inscriban no Foro 2010.

Brión, 8 de maio de 2010.

No hay comentarios: